- Author: Arthur Rimbaud / Miguel Galano (il. )
- ISBN: 978-84-19213-46-4
- EAN: 9788419213464
- Editorial: FAKTORIA K
- Collection: TAMBO
- Language: Galician
- Edizio urtea: 2023
- Format: RUSTIKA
- Page count: 128
- Size: 210x145
INSTOCK Article in stock. Article available at elkar.eus. The articles in stock leave our shop within a 48 workable hour period. The delivery time will depend on the mode of shipment and on the selected country of destination.
O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu Une saison en enfer. Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a ruptura definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de Les Illuminations, escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato, porque a súa é unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos surrealistas e dos bisnetos da Beat Generation. Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e os burgueses, e a posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aos lóstregos da súa cólera traducidos agora para o galego por Tamara Andrés e Oriana Méndez, con admiración e esmero.