deiche os ollos e miraches as tebras
- Author: Irene Sola / Maria Alonso Seisdedos (il. )
- ISBN: 978-84-19213-43-3
- EAN: 9788419213433
- Editorial: FAKTORIA K
- Collection: NARRATIVA
- Language: Galician
- Edizio urtea: 2023
- Format: RUSTIKA
- Page count: 200
- Size: 205x135
INSTOCK Article in stock. Article available at elkar.eus. The articles in stock leave our shop within a 48 workable hour period. The delivery time will depend on the mode of shipment and on the selected country of destination.
Synopsis
Despois de "Canto eu e a montaña baila", Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.
A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ou os de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións.
Despois do éxito internacional de "Canto eu e a montaña baila", traducida a máis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante de imaxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética.
A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos que, en 2022, recibiu o Premio Follas Novas á Obra Traducida, o xx Premio de Tradución Plácido Castro e o x Premio Ramon Llull pola súa tradución de "Canto eu e a montaña baila".
Products of the same collection
elkar txartela 16,15 €
elkar txartela 17,10 €
elkar txartela 11,40 €