- Author: Sylvain Alzial / Helene Rajcak (il. )
- ISBN: 978-84-19213-53-2
- EAN: 9788419213532
- Editorial: FAKTORIA K
- Collection: CIENCIA
- Language: Galician
- Edizio urtea: 2024
- Format: RUSTIKA
- Page count: 32
- Size: 275x213
INSTOCK Article in stock. Article available at elkar.eus. The articles in stock leave our shop within a 48 workable hour period. The delivery time will depend on the mode of shipment and on the selected country of destination.
Un conto inspirado nas antigas ensinanzas hindús para reflexionar e para sabelo todo sobre os tigres de Bengala.
Un vello erudito que vive rodeado de libros nos que aprendeu todo o que sabe do mundo decide investigar o único animal do que non ten coñecemento ningún: o tigre de Bengala. Tras mergullarse nunha extensa lectura de todas as guías dedicadas a estas criaturas,
embárcase nunha expedición científica cara á India e, en compañía dun guía local, intérnase na selva para encontrar un exemplar de Panthera tigris. Avanza entre a maleza interpretando pegadas e sinais e impoñendo o seu coñecemento lido nos libros ás advertencias
do seu acompañante, que coñece a selva como a palma da man. É suficiente todo ese coñecemento teórico para ser un verdadeiro especialista? No encontro cara a cara coa besta descubrirá a resposta.
Este álbum con estrutura narrativa de conto, inspirado nas ensinanzas do mestre bengalí contemporáneo Swami Prajnanpad, fálanos do valor da experiencia como fonte de coñecemento. Faino a través dun relato que destila unha fina ironía e un gran sentido do humor, ao mesmo tempo que informa con gran rigor sobre os tigres de Bengala. As ilustracións combinan láminas de carácter científico en branco e negro ao estilo dos gravados de época decimonónica con outras nas que se van revelando lentamente as cores da xungla: as follas verdes, ocres, marróns e finalmente un tigre laranxa tan impactante como a impresión que ten o protagonista no seu encontro co felino.