- Autor: Michael Grejniec
- ISBN: 978-84-1343-314-1
- EAN: 9788413433141
- Editorial: KALANDRAKA
- Colección: ACARTONADOS
- Idioma: Gallego
- Año de edición: 2024
- Formato: LIBRO CARTON
- Número de páginas: 28
- Tamaño: 420x280x15
ENSTOCK Artículo en stock. Artículo disponible en elkar.eus. Los artículos en stock salen del almacén en un plazo no superior a 48 horas laborables. El plazo de entrega, dependerá de la forma de envío y del país de destino seleccionado.
Unha edición grande e acartonada do clásico ilustrado, agora en galego, ideal para contar e compartir.
𠇊 que sabe a lúa?” é, sen lugar a dúbidas, unha das publicacións máis emblemáticas do catálogo de Kalandraka. Desde a súa publicación en 1999, máis de 500.000 exemplares deste relato de solidariedade e soños compartidos teñen viaxado a fogares, escolas ou bibliotecas nos diferentes idiomas nos que foi editado: galego, castelán, català, euskara, portugués, inglés, italiano... Kalandraka achéganos agora en lingua galega este clásico contemporáneo nun novo formato en cartoné e tamaño excepcional, ideal para ler en grupo e que de certo se converterá nun recurso imprescindible para mediadoras, escolas e bibliotecas.
𠇊 que sabe a lúa?”, escrito e ilustrado polo autor e ilustrador polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estrutura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura de tradición oral. Esta obra convida a ser contada, conseguindo unha grande interacción entre o narrador e os receptores.