arbores no camiño
- Autor: Regine Raymond-Garcia / Vanina Starkoff
- ISBN: 978-84-9871-731-0
- EAN: 9788498717310
- Editorial: OQO
- Colección: COLECCION "O"
- Idioma: Gallego
- Año de edición: 2024
- Formato: TAPA DURA
- Número de páginas: 36
- Tamaño: 230x250
ENSTOCK Artículo en stock. Artículo disponible en elkar.eus. Los artículos en stock salen del almacén en un plazo no superior a 48 horas laborables. El plazo de entrega, dependerá de la forma de envío y del país de destino seleccionado.
Sinopsis
Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: vía arbustos, años e cabras pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa, e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver. A historia trasládanos a facilidade coa que un neno pode perderse apenas se separa da man dos pais. Noutros casos, o pequeno atopa territorio hostil ou tenebroso aquí , a nai natureza protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos. Régine Raymond-García escribiu esta historia ao volver dunha viaxe a Burkina Faso, fascinada pola consideración dos seus habitantes pola árbore vermella e polo baobab, pola súa alegría de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente”. Pero este conto non se centra só no amparo que a natureza-nai ofrece ao home tamén avisa da necesaria reciprocidade por parte do ser humano, que debe exercer a mesma protección e respecto sobre o ecosistema, para garantir a súa sustentabilidade. Para a ilustradora, Vanina Starkoff, foi tamén como facer unha viaxe por Burkina Faso, as súas imaxes e a súa música, para mergullarse “nesas marabillosas terras africanas”, traballando cunha paleta de cores “saturadas, brillantes e alegres”, acrílicos sobre papel, con algunhas texturase os debuxos dixitais, segundo o estado de ánimo e as emocións polas que atravesaba Karim:amarelo e vermello para escenas onde se sente protexido, turquesas cando se sente perdido.
Productos de la misma colección