elkar
Búsqueda
Avanzada
 
Cerrar
Correo electrónico:
Política L.O.P.D.

duas letras - Fina Casalderrey Fraga / Eloy Varela Caseiro
duas letras
  • ISBN: 978-84-9865-432-5
  • EAN: 9788498654325
  • Editorial: GALAXIA
  • Colección: VARIOS
  • Idioma: Gallego
  • Año de edición: 2012
  • Formato: TAPA DURA
  • Número de páginas: 48
  • Tamaño: 245x135
  • Fecha de publicación: 2019-04-04

1-3 semanas

21,55 €

tarjeta elkar 20,47 €

Añadir al carrito saskiratu

Gastos de envío ?

GRATIS en tienda

EN CASA GRATIS a partir de 49€

Sinopsis
Esta edición inclúe o DVD (cos seus extras en forma de entrevistas con director, guionista, primeira actriz, making off, localizacións?), o texto literario, e dous traballos sobre a emigración galega a América, a cargo de Víctor F. Freixanes, e outro sobre a correspondencia entre as dúas beiras atlánticas escrito por Francisco Castro. Dúas letras gravita en torno a carta que non dá chegado, a misiva do fillo que está na emigración, pelexando co destino e a sorte, e a nai que espera a chegada da carta que lle dará, ademais de novas, algo de esperanza. Os autores foron quen de construir unha historia visualmente moi poderosa, rodada en branco e negro para suliñar a viaxe no tempo que nos propón, chea de tenrura e dureza. Un poema cinematográfico que está a engaiolar alí onde é representada. A xeira de recoñecementos comezaba no Festival de Cine de Bueu-2011, onde era galardoada co Premio do Público. Neste 2012, no cada día máis prestixioso festival de Cans, Dúas letras obtiña tres premios dos grandes. Por unha banda, os veciños déronlle o premio como Mellor Curtametraxe de Ficción, segundo recolle a acta: "porque é unha historia do mundo rural moi próxima coa que todos nos sentimos identificados. Tamén pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do seu fillo e porque todos coñecemos a historia dunha carta que estivemos esperando e nunca chegou". Igualmente, recibiu o premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e, para rematar, un dos máis cobizados: o Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra a Teresa Fraga, a protagonista. Segundo sinalou o xurado: "por ser un traballo veraz e emotivo. Nunca unha carta non escrita foi tan ben lida".

GASTOS DE ENVÍO GRATIS

  • En las librerías elkar
  • En casa a partir de 49€ (solo en la península)

DEVOLUCIONES
Y CANCELACIONES

  • Máximo 15 días (desde la fecha de entrega)
  • Vías de devolución: en las librerías elkar, enviar al almacén (Haizpea industriagunea 1, 20150 Aduna).
© 1998-2026 elkar liburu denda
X