Liburuak
»
haur eta gazte literatura
»
haur eta gazte literatura
»
haur eta gazte literatura 12-16 urte
corredores de sombra (gallego)
- Egilea: Agustin Fernandez Paz
- ISBN: 978-84-9782-425-5
- EAN: 9788497824255
- Argitaletxea: XERAIS
- Bilduma: FORA DE XOGO
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2007
- Formatua: RUSTIKA
- Orri kopurua: 232
- Neurria: 215x135x15
STOCKEAN Artikulua stock-ean. Artikulu hau eskuragarri dago elkar.eus gunean. Stock-ean dauden artikuluak 48 orduko epea (lan egunetan) amaitu aurretik ateratzen dira biltegitik. Entrega-epea aldatu egingo da bidalketa moduaren eta eskaera herriaren arabera.
Sinopsia
Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descúbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida.
Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz é un thriller moral onde se pretende desvelar un dobre misterio (quen é o morto, quen o asasinou?) que conleva unha investigación, con momentos de grande tensión, e unha resolución na liña das mellores novelas negras. Mais tamén é unha novela sobre a progresiva toma de conciencia da xove protagonista obrigada a elixir o camiño polo que quere facer a súa vida, mesmo se iso implica opoñerse a súa familia e todo o que significa. Unha novela memorable que confirma a Agustín Fernández Paz como un dos narradores primeiros da literatura galega.
Bilduma bereko produktuak