o baile diminuto (gal)
- Egilea: Maria Jose Ferrada Lefenda / Sole Poirot
- ISBN: 978-84-8464-782-9
- EAN: 9788484647829
- Argitaletxea: KALANDRAKA
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2012
- Formatua: AZAL GOGORRA
- Orri kopurua: 36
1-3 astean
Sinopsia
De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos vermes bolboretas? “O baile diminuto” é un texto poético que destaca pola súa sonoridade e o protagonismo do campo e da natureza a través dos insectos que van desfilando polas súas páxinas caracterizados por Sole Poirot con moita orixinalidade mediante a técnica do collage: a araña a avespa a formiga a couza... A partir dunha estrutura repetitiva que potencia o efecto lírico da obra María José Ferrada constrúe composicións dunha gran calidad literaria: unha linguaxe metafórica e evocadora que esperta os sentidos e mais a curiosidade dos lectores sobre un sorprendente mundo de seres minúsculos que soen pasarnos desapercibidos. O grilo que compón a súa propia melodía a abella que soñaba con flores docísimas os térmites que esculpen universos de madeira o vestido de lunares da xoaniña o farol verde co que o vagalume ilumina o mundo a mosca de lentes enormes que toma apuntes nun caderno con follas de aire as ás como espellos de auga do cabaliño do demo ou a bolboreta que voa de primavera en primavera... Unha fauna vista descrita e ilustrada dende a óptica da beleza.





