- Egilea: Guia Risari / Federico Delicado (il. )
- ISBN: 978-84-1343-349-3
- EAN: 9788413433493
- Argitaletxea: KALANDRAKA
- Bilduma: DEMADEMORA
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2025
- Formatua: AZAL GOGORRA
- Orri kopurua: 32
- Neurria: 215x245x10
- Argitaratze data: 2025-03-13
STOCKEAN Artikulua stock-ean. Artikulu hau eskuragarri dago elkar.eus gunean. Stock-ean dauden artikuluak 48 orduko epea (lan egunetan) amaitu aurretik ateratzen dira biltegitik. Entrega-epea aldatu egingo da bidalketa moduaren eta eskaera herriaren arabera.
Un álbum sobre a amizade e o poder transformador da palabra e da imaxinación.
Laura contaba historias incribles. Ninguén a cría agás Omar, un rapaz reservado e melancólico que botaba en falta a súa casa e o seu país. “Queres volver velo?” preguntoulle Laura un día. 𠇎sta tarde, agarda por min na parada do tranvía ás tres en punto.” Xuntos iniciaron unha viaxe extraordinaria.
Di Michèle Petit en “Os libros e a beleza” que a arte e a literatura, tanto escritas como orais, poden restaurar a paisaxe e facer habitables lugares hostís. Nesta historia, os protagonistas comparten algo máis que tempo e amizade, embárcanse nunha viaxe a través da palabra atravesando paisaxes fantásticas, quizais novas, quizais ocultas en recunchos recónditos do subconsciente. As ilustracións realistas e cheas de detalles de Federico Delicado amplían os significados do texto de Guia Risari acentuando esta proposta próxima ao surrealismo.





