- Egilea: Marcelo Simonetti / Maria Giron (il. )
- ISBN: 978-84-1343-251-9
- EAN: 9788413432519
- Argitaletxea: KALANDRAKA
- Bilduma: MAREMAR
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2023
- Formatua: AZAL GOGORRA
- Orri kopurua: 40
- Neurria: 215x245
STOCKEAN Artikulua stock-ean. Artikulu hau eskuragarri dago elkar.eus gunean. Stock-ean dauden artikuluak 48 orduko epea (lan egunetan) amaitu aurretik ateratzen dira biltegitik. Entrega-epea aldatu egingo da bidalketa moduaren eta eskaera herriaren arabera.
Ao acabar un día de escola, dous irmáns reciben a nova de que dous migrantes van chegar ao colexio. Migrantes? Como é a primeira vez que oen esa palabra, pasarán a tarde pensando nos seus posibles significados: quizais sexan pasteis ou mascotas como os ourizos cachos ou talvez, palíndromos! E se resulta que son espíritos malignos...? Que ocorrerá entón? Á mañá seguinte, tras entrar con medo na clase, coñecerán dous compañeiros vindos de moi lonxe. A emoción ante o descubrimento que supón unha nova amizade levaraos a esquecerse dos migrantes que, en realidade, nin sequera chegan a aparecer.
Un álbum sobre como enfrontar ao descoñecido a través da ollada curiosa e inocente da infancia. As ilustracións de Maria Girón, cheas de colorido, expresividade e dinamismo, complementan á perfección esta proposta que aborda de maneira orixinal o encontro co diferente e permite achegarse ao tema con humor e intelixencia.