- Egilea: Luisa Villalta / Maribel Longueira (il. )
- ISBN: 978-84-1343-313-4
- EAN: 9788413433134
- Argitaletxea: KALANDRAKA
- Bilduma: ARTE
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2024
- Formatua: RUSTIKA
- Orri kopurua: 112
- Neurria: 220x220
STOCKEAN Artikulua stock-ean. Artikulu hau eskuragarri dago elkar.eus gunean. Stock-ean dauden artikuluak 48 orduko epea (lan egunetan) amaitu aurretik ateratzen dira biltegitik. Entrega-epea aldatu egingo da bidalketa moduaren eta eskaera herriaren arabera.
Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
No ano 2001, o barrio coruñés do Papagaio, espazo tradicionalmente dedicado á prostitución, foi derrubado vítima da especulación inmobiliaria. Durante o proceso de demolición, a fotógrafa Maribel Longueira captou coa súa cámara as máquinas, as paredes dos edificios e os cascallos, así como algúns obxectos, testemuñas do que aquelas vivendas acolleran durante anos.
Convidada por Maribel, a escritora Luísa Villalta puxo voz a estas imaxes con 19 poemas. Neles móstrase reivindicativa, directa, rotunda e ao
mesmo tempo solidaria ao proxectar unha ollada que deixa en evidencia a violencia patriarcal e o estigma sufrido polas mulleres que exercen a
prostitución. A hipocrisía, o oprobio, o abuso, a deshumanización ou o anticlericalismo son outros temas presentes nesta obra escrita pouco
tempo antes do inesperado falecemento da autora, que se converteu nunha sorte de testamento literario que revela a singularidade dun
pulso poético único dunha ollada crítica e reivindicativa moldeada pola autoesixencia que sempre se impuxo como creadora.