Liburuak
»
arte ederrak
»
zinema
para unha historia do cinema galego - de illas e sereas
- Egilea: Margarita Ledon
- ISBN: 978-84-9151-488-6
- EAN: 9788491514886
- Argitaletxea: GALAXIA
- Bilduma: PANTALLAS
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2020
- Formatua: RUSTIKA
- Orri kopurua: 252
1-3 astean
Sinopsia
"Para unha historia do cinema en lingua galega, 1, 2 e 3" é a proba fáctica do noso "desexo de comunidade" tal e coma Jacques Rancière observa determinados acontecementos contemporáneas que queren ocupar a esfera pública, evitar o seu aniquilamento.
E a creación, en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita "comunidade electiva", na feliz distinción de Maurice Glanchot, que nos leva a considerar o cinema en lingua galega como un deses "momentos estelares" da cultura de noso en que o fai propio para partillar coa humanidade unhas obras nas que o real, o maxinario e o modo de contalo nos configuran. A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa; é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago; é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema "denantes mortos que escravos", é a seresa que se fundiu cun lobo da illa Lobeira e dela emerxeron as rendas de Camariñas, a que se uniu ao cabaleiro de Roncesvalles e deu orixe á saga dos Mariño, navegantes até mais aló de Chile, a que chega de lonxe mais nunca é estranxeira. Desexo de seras e, xa que logo, esa seiva no noso imaxinario que nos fai ir alén e mar o cinema en lingua galega. Aínda que no luscofusco a figura deveña ambigua, por veces ríspeta e ameazadora, nós imos termar sempre desa lanchiña de papel onde os filmes poidan, contra vento e marea, navegar de illa en illa. Unha presada de investigadoras e investigadores de diferentes xeracións e con miradas distintas, do Grupo de Estudos Audiovisuais e tamén de fóra, tecemos este relato ao redor dun mundo que se chama cinema á marxe de servidumes académicas e dende a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas.
Bilduma bereko produktuak
elkar txartela 24,70 €
elkar txartela 20,14 €
elkar txartela 20,57 €