Liburuak
»
haur eta gazte literatura
»
haur eta gazte literatura
»
haur eta gazte literatura 0-6 urte
un banquete fabuloso
- Egilea: Jose C. Morales Gracia
- ISBN: 978-84-9871-727-3
- EAN: 9788498717273
- Argitaletxea: OQO
- Bilduma: COLECCION "O"
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2024
- Formatua: AZAL GOGORRA
- Orri kopurua: 36
- Neurria: 230x250x10
STOCKEAN Artikulua stock-ean. Artikulu hau eskuragarri dago elkar.eus gunean. Stock-ean dauden artikuluak 48 orduko epea (lan egunetan) amaitu aurretik ateratzen dira biltegitik. Entrega-epea aldatu egingo da bidalketa moduaren eta eskaera herriaren arabera.
Sinopsia
Peluxiña é a última en nacer nunha gran familia de coellos. A comida non é suficiente para todos e a pequerrecha sempre queda con fame, así que unha noite decide saír da coelleira e procurar alimento pola súa conta pero o bosque está cheo de perigos e sorpresas e, nesta aventura, a intrépida coelliña levará algún bo susto do que sairá vitoriosa grazas ao enxeño, a tenacidade e a sabedoría que irá adquirindo no seu camiño. E se o problema inicial era a falta de comida, o desenlace e agasallo final será “un banquete fabuloso” para a familia toda, resultado da afouteza e tenacidade da nosa pequena protagonista. Cunha trama simple e unha estrutura divertida, que lembra algúns contos tradicionais, Peluxiña espertará a simpatía dos máis cativos, que poderán acompañala e, ao seu carón, vivir emocións, superar contratempos e enfrontar medos, dificultades e perigos, ata chegar o merecido triunfo final. En definitiva, unha divertida historia de José Morales sobre o crecemento, a aprendizaxe e a perseveranza na procura de obxectivos. As dinámicas e eficaces ilustracións de Mar Ferrero e os magníficos personaxes que crea, fan que o tempo narrativo flúa con facilidade, permitindo que o pequeno lector entenda o proceso de crecemento e sinta a fantasía do texto como unha experiencia propia. Ademais, nas ilustracións, podemos atopar divertidas chiscadelas que axudan a interpretar visualmente detalles non transmitidos en palabras, cunha formulación que abre a porta a novos significados e insuflan vida á relación palabra-imaxe.
Bilduma bereko produktuak