vista chinesa
- Egilea: Tatiana Salem Levi
- ISBN: 978-84-1110-717-4
- EAN: 9788411107174
- Argitaletxea: XERAIS
- Bilduma: NARRATIVA
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2025
- Formatua: RUSTIKA
- Orri kopurua: 128
- Neurria: 230x155
- Argitaratze data: 2025-09-16
STOCKEAN Artikulua stock-ean. Artikulu hau eskuragarri dago elkar.eus gunean. Stock-ean dauden artikuluak 48 orduko epea (lan egunetan) amaitu aurretik ateratzen dira biltegitik. Entrega-epea aldatu egingo da bidalketa moduaren eta eskaera herriaren arabera.
Sinopsia
No ano 2014 percíbese no Río de Xaneiro a euforia pola inminente celebración do Mundial de Fútbol no Brasil e a cidade estase preparando para a acollida dos Xogos Olímpicos en 2016. Nese momento en que semella que prevalece a sensación dun tempo de esperanza, de autoestima e de felicidade social, Júlia, arquitecta, é vítima dunha brutal violación nun miradoiro do Río coñecido como Vista Chinesa.
A protagonista, con intención de explicarlles á súa filla e ao seu fillo esta terrible situación vivida, crea un relato onde o tratamento do feito traumático está narrado cunha extremada delicadeza, poñendo o acento non tanto no atroz acto da propia violación como nas súas consecuencias, na profundidade da dor, nas súas dificultades por racionalizar o noxo que sente tras ser violada, no humillante e inxusto sentimento de culpa, na reacción das persoas máis próximas e tamén no trato desleixado por parte da Policía.
Baseándose en feitos reais, Tatiana Salem Levy ofrécenos en «Vista Chinesa» unha excelente novela de sensibilidade e óptica feminista que dá voz a unha supervivente da violencia sexual. Unha obra ousada e audaz escrita cunha forza sobrecolledora.
Bilduma bereko produktuak





