vredaman
- Egilea: Unai Elorriaga
- ISBN: 978-84-8288-924-5
- EAN: 9788482889245
- Argitaletxea: GALAXIA
- Bilduma: LITERARIA
- Hizkuntza: Galegoa
- Edizio urtea: 2006
- Formatua: RUSTIKA
- Orri kopurua: 184
- Neurria: 210x140x18
STOCKEAN Artikulua stock-ean. Artikulu hau eskuragarri dago elkar.eus gunean. Stock-ean dauden artikuluak 48 orduko epea (lan egunetan) amaitu aurretik ateratzen dira biltegitik. Entrega-epea aldatu egingo da bidalketa moduaren eta eskaera herriaren arabera.
Sinopsia
A historia dun neno que pretende acadar a intelixencia e a dos personaxes peculiares e imprevisibles que o rodean fan que en Vredaman o humor e a sorpresa se combinan nun relato no que imaxinación e pensamento crítico van parellos. O título da novela é a mestura do nome dun dos personaxes de As I lay Dying de William Faulkner, un neno chamado Vardaman, e do nome do pintor holandés Vredeman de Brie, que tivo un fillo que nunca pintou un cadro orixinal, senón que o único que fixo foi copiar os do seu pai. Unai Elorriaga relata nesta novela a historia de Tomé, un neno que persegue a intelixencia e como, para conseguilo, ten que chegar a aceptar a existencia da morte. A carón do protagonista, xorden as historias dos membros da súa familia e dos seus amigos: dun avó ebanista que se burla da hipocrisía e da necesidade de aparentar, un tío que quere recuperar o espírito comunal do deporte, unha muller que tivo un mozo durante corenta anos, pero nunca chegou a casar con el e unha tía que anda na procura dun exemplar rarísimo de cabalo do demo azul. A novela ten moito de xogo, pero máis alá do lúdico os lectores e lectoras han gozar coa súa lúcida reflexión sobre os seres humanos. Un relato perfecto que medra en emoción a medida que se aproxima ao final. Vredaman fala, entre outras moitas cousas, sobre a estraña relación entre intelixencia e morte, pero non o fai dun xeito seco e abstracto, senón a través de historias concretas e conmovedoras. Elorriaga, tamén nos fala da interesada utilización de palabras como " triunfador" ou "perdedor"; fálanos desas razóns que, malia non teren sentido, cambian a vida dos seres humanos, case sen que se decaten e, fálanos tamén, dos que pretenden dicir como temos que pensar.
Bilduma bereko produktuak
elkar txartela 20,43 €
elkar txartela 25,65 €
elkar txartela 18,53 €